Nexos

18 de Marzo de 2015

Ciclo de Cultura contemporánea

Ciclo de Cultura contemporánea

nexos

O próximo 21 de marzo, a Cidade da Cultura reinicia o ciclo de cultura contemporánea “Nexos” co obxectivo de establecer un diálogo entre diferentes áreas de coñecemento como a filosofía, a poesía, a arquitectura, a arte contemporánea, a narrativa ou a gastronomía.

Nesta nova edición do ciclo, Nexos contará coa nosa colaboración e os nosos viños poderán ser degustados polos asistentes a cada sesión. Alí realizaremos unha presentación e cata comentada dos principais viños, algúns deles de elaboracións especiais como o crianza sobre lías, Martín Códax Lías, ou o último lanzamento, Martín Códax Vindel

Así pois, ademais da combinación de conferencias impartidas por expertos e actuacións e espectáculos artísticos, agora Nexos tamén marida cos viños de Rías Baixas.

Nexos volverá este 21 de marzo cunha sesión homenaxe a María Zambrano, cuxa vida será recordada por Ana Bundgaard, hispanista e catedrática da Universidade de Aarhus (Dinamarca). A continuación haberá un concerto de Samuel Diz, virtuoso da guitarra clásica, que interpretará temas de músicos da Xeración do 27, para rematar coa cata de viños de Martín Códax.

Nas seguintes sesións indagarase no proceso creativo dos arquitectos e no seu modo de imaxinar as cidades, tomando como espello e fío condutor a transformación urbana da Compostela actual; farase un percorrido pola historia da arte contemporánea, preguntándose canto houbo de revolución estética e canto de artificio; e explorasen os vínculos entre saber e sabor, entre literatura e gastronomía, dende os clásicos grecolatinos ata hoxe.

A asistencia a Nexos é gratuíta pero é necesario inscribirse a través da páxina web de La Ciudad de la Cultura:www.cidadedacultura.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario