A nosa “Barra Atlántica” decóbreche o Salnés pinga a pinga
14 de Xuño de 2022
A boutique de viños de Bodegas Martín Códax mira á ría desde unha parede de cristal
A boutique de viños de Bodegas Martín Códax mira á ría desde unha parede de cristal
A boutique de viños de Bodegas Martín Códax mira á ría desde unha parede de cristal. En 2021 acometeuse unha importante reforma da tenda da adega, creando un espazo máis delicado, elegante, luminoso e confortable.
O novo enfoque dos máis de 300 m2 que ocupan as instalacións de venda ao público de Bodegas Martín Códax fíxoa merecedora de colocarse como unha das tres mellores tendas en adega, segundo os International Wine Challenge Merchant Award Spain 2021.
En Cambados, ofrecémosche non só coñecer o noso proxecto colaborativo, senón que nosa “Barra Atlántica” pretende ser un punto de encontro coa cultura ao redor da vide. Un lugar que che convida a saborear as nosas elaboracións máis exclusivas, para logo levarchas a casa!
En Bodegas Martín Códax entendemos que o enoturismo implica unir a todos os axentes que colaboran, enriquecen e fortalecen o universo ao redor da viticultura. Por iso, creamos propostas e degustacións nos nosos distintos espazos, que naceron para recrear os sentidos, enxalzar a nosa cultura e entreter a alma. Pronto revelarémosche a nosa programación enoturística para este verán!
Porque o noso obxectivo é converter as Rías Baixas e, en concreto, ao Salnés, no referente enoturístico de Galicia. Convidámosche a contemplar o atardecer desde a nosa terraza, a probar a que saben as uvas bañadas polo Atlántico…
En Bodegas Martín Códax pretendemos achegarche aos produtores dos alimentos da terra e do mar, aos proxectos musicais que beben da nosa cultura e do noso acento… E é por iso tamén que a nosa “Barra Atlántica” é outro escenario perfecto para vivir unha experiencia, na que ti che converterás en protagonista e os nosos viños serán o fío condutor da mesma.