Non é a primeira vez que apoiamos o cine galego nin será a última. E por iso, Bodegas Martín Códax foi a elixida para estar presente na estrea en Paris da película Crebinsky.
Foi o pasado luns, 12 de decembro, na sala Majestic Passy, enmarcado dentro do popular Festival D’Jour de Paris, organizado por Espagnolas en París. Tras a proxección da película e o concerto da Banda Crebinsky, ofreceuse un aperitivo aos que asistiron e unha degustación dos viños da adega.
O evento tivo un cheo absoluto e entre os asistentes puidemos ver caras coñecidas como a de Enrique Otero e Miguel de Lira, realizador e actor principal da longametraxe. Á cita tamén acudiron responsables do festival de cine español de Nantes, do Círculo Cultural Galego en París, do Instituto Cervantes, do Consorcio Audiovisual de Galicia e da Academia de Cine Español, entre outros.
Novos pasos na alfombra vermella
14 de Decembro de 2011
Acudimos á estrea de Crebinsky en París.
Acudimos á estrea de Crebinsky en París.
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario