A poucos días de poñer fin a este 2012, facemos balance do noso traballo e dos recoñecementos que recibiron os nosos viños: este ano un total de 45 premios recibidos. Os máis recentes, o oro recibido por Martín Códax 2009 na Cata das Añadas, que ven a reforzar a lonxevidade e versatilidade da uva albariña, e o recibido por Martín Códax 2011 no Concurso Internacional Cinve 2012 que se celebrou no mes de Novembro en Valladolid. No mesmo concurso o noso albariño fermentado en barrica, Organistrum 2009 foi tamén galardoado cunha medalla de prata ademais doutros viños como Alba Martín 2011, Mara Martín 2011 e o mencía Cuatro Pasos 2010.
Estes premios súmanse á longa lista de galardóns que os nosos viños acadaron ao longo de todo o ano en varios concursos internacionais e nacionais de gran prestixio.
Os primeiros recoñecementos chegaban por parte dos certames nacionais “Vino y Mujer”, organizado pola Asociación Alamesa, que premiaban aos viños de Alma Atlántica, Alba e Mara Martín, cos premios diamante e rubí, respectivamente. A estes concursos seguíronlles outros como os premios Bacchus, organizados pola Unión Española de Catadores, onde Martín Códax eo mencía Cuatro Pasos se levaban medalla de prata.
A nivel internacional, destacan as medallas conseguidas no International Wine Challenge e no Decanter, onde os viños da adega obtiveron un total de 9 medallas. Cabe resaltar asi mesmo a medalla de prata recibida por Organistrum 2009 no Sommelier Wine Award de Londres.
Por último, non podemos esquecer un dos grandes premios recibidos pola adega este ano y que foi o recoñecemento na XXIV Cata de Viños de Galicia ao godello Mara Martín como Mellor Vio Branco de Galicia
Ademais, diferentes viños de exportación tamén foron galardoados con diferentes medallas.