Os Xoves de Códax

11 de Agosto de 2013

Primordiais

Primordiais

Recordamos os mellores momentos de Primordiais nos Xoves de Códax. Estiveron connosco a tarde do 8 de agosto.

Primordiais é o resultado de xuntar os talentos de Marcelo González, profesor de danza e música tradicional da AFI (Aula Folque Infantil de Pontevedra), e mestre na Escola de Tempo libre Paspallás, músico e bailador profesional en danza tradicional e contemporánea; e de Luís Martíns, luthier de arpas e músico.

Xuntos ofrecen un concerto atractivo, novo e motivador que axuda a redescubrir as rúas e prazas como espazos dinámicos e axeitados para gozar e participar da música e a danza como canle de interacción e integración. Achegan a música ao contorno cotián. Xeran un espazo de interacción e tolerancia, facilitando a comunicación entre persoas de diferente sexo, condición e procedencia. Promoven a comunicación e a improvisación musical como unha actividade multixeneracional.

Primoridiais transformaron a terraza da adega nunha desas prazas onde adoitan presentar a súa música, proporcionando unha serie recursos musicais de xeito lúdico e sinxelo e creando entre os asistentes un espazo creativo e de libre expresión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario