FAI CLICK AQUÍ PARA COMPRAR AS TÚAS ENTRADAS.
Un ano máis o verán chega acompañado de música á nosa terraza cunha nova edición do ciclo musical de “Os Xoves de Códax”, evento que pon en sintonía algúns dos mellores artistas gallegos con outros grandes do panorama internacional, presentando proxectos onde a fusión de culturas xoga un papel determinante.
Os encargados de abrir esta sétima edición do ciclo o vindeiro 5 de xullo serán Guadi Galego e Iván Ferreiro, tras os que seguirán sete concertos de diferentes estilos entre os que atoparemos folk, flamenco fusión, bravú, ou músicas brasileiras e cubanas. A mellor música e o albariño maridarán co entorno privilexiado da terraza da bodega, onde a posta de sol é o complemento perfecto para facer de estas actuacións unha experiencia única.
Os concertos deste ciclo terán lugar os xoves do mes de xullo e agosto a partir das 20.30 horas e para poder asistir será necesario facerse coas entradas na tenda da páxina web de Bodegas Martín Códax (www.martincodax.com). As entradas dos conciertos de xullo poranse á venda a partir do vindeiro luns 4 de xuño ás 12.00h, mentres que para mercar as entradas dos concertos que se celebrarán o mes de agosto haberá que agardar ata o mércores 4 de xullo, tamén a partires das 12.00h.
As entradas terán un coste de 15 euros e a recaudación obtida será destinada integramente a diferentes entidades sen ánimo de lucro da comunidade, como parte do compromiso da bodega coa sociedade galega.
Os asistentes los conciertos, ademais desfrutar das actuacións poderán degustar os vinos da bodega.
A continuación, mostramos o calendario de concertos previsto para esta edición:
DATAS | ARTISTAS |
5 de xullo | Guadi Galego e Iván Ferreiro |
12 de xullo | Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre |
19 de xullo | Marcos Teira y Translations Quinteto e La Negra |
26 de xullo | Uxía Senlle e Depedro |
2 de agosto | Banda Xangai |
9 de agosto | Forro Mior e Najla Shami |
16 de agosto | Pancho Amat e Alejandro Vargas |
23 de agosto | Jenny & The Mexicats |
Sobre Gaudi Galego e Iván Ferreiro – canción de autor:
Unha fusión de orixe propia. Guadi e Iván lideraron dou proxectos artísticos referentes da música actual, creando marca propia , influíndo en toda unha década de artistas e invadindo novos espazos musicais. Iván, creador do universo indie, e Guadi do folk, internacionalizaron a nosa música fuxindo de etiquetas, tomando a palabra para espila e deseñarlle traxes propios.
Sobre Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre – folk/tradicional:
Xabier Díaz regresa unha edición máis á terraza de Martín Códax, esta vez acompañado por Adufeiras de Salitre para presentar o sea último traballo, Noró. Neste proxecto, a potencia da raíz da música popular crece para ofrecer un espectáculo tribal, poderoso, instintivo e profundamente ensoñador.
Sobre Marcos Teira y Translations Quinteto e La Negra – flamenco fusión:
Marcos Teira, coa súa guitarra flamenca provocadoramente norteña, e a súa formación Translations Quinteto (Alejandro Vargas, Moisés, Isaías Salazar e Alfonso Calvo) convidan a subir á terraza a La Negra y El Panki, para crear un espectáculo que redifica o flamenco adentrándose na música negra, o jazz, o pop ou os boleros.
Sobre Uxía Senlle e Depedro – canción de autor:
Uxía e Depedro únense por primera vez polas súas afinidades, polo seu mesmo sentir de que a música non entende de fronteiras e apostan polo encontro de artistas de outras latitudes para fusionar outras culturas coas raíces propias. Nesta ocasión estarán acompañados polo virtuoso multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus.
Sobre Banda Xangai – bravú:
En Banda Xangai únense importantes nomes da música galega, de bandas serme do movemento bravú e posteriores para ofrecer músicas diversas como muiñeira, punk, regueifa, merengue, hip-hop…
Sobre Najla Shami e Forro Mior – músicas brasileiras:
Najla Shami, a voz con máis influenzas musicais do mundo en Galicia, parte da música tradicional para ir pouco a pouco conquistando estilos como o jazz, funk ou a word music, achegándose a sonoridades brasileiras como las que nos trae a banda Forro Mior. A música de este grupo de folk brasileiro fusionaras coa voz de Najla para crear un gran espectáculo de baile.
Sobre Alejandro Vargas y Pancho Amat – música cubana:
O pianista galego-cubano Alejandro Vargas, considerado un dos compositores e intérpretes máis importantes das novas xeracións do jazz cubano, ven para traernos o son da isla da man de Pancho Amat e a súa banda El Cabildo del Son. Realizan así unha volta aos oríxenes e reviven as raíces musicais da cubanía: El Son, boleros, chachachá, salsa…
Sobre Jenny & The Mexicats – rockabilly/fusión:
Jenny and The Mexicats son unha fantástica banda multicultural que reúne a Jenny (inglesa), Icho e Pantera (mexicanos) , e Toñyto Garcia ( Galicia) para crear perfectos ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae que aderezan con cálidas sonoridades latinas.
Boa tarde. Quería saber se aínda hai entradas despoñibles para os concertos deste xoves e para os xoves do mes de agosto. Moitas grazas. Un saúdo
Boa tarde.
Sentímolo moito pero as entradas están completamente esgotadas.
Un saúdo.
Hola teneis aun entradas para el 26 de Julio? O aguien que las venda? Mil gracias
Hola. Lo sentimos muchísimo, pero las entradas están totalmente agotadas. Un saludo.
Concierto estupendo del jueves 9 de agosto
Qué grandes músicos flamencos