Os Xoves de Códax, cada vez máis solidarios

15 de Setembro de 2017

Os donativos de 2017 ascenden a máis de 27.000 euros

Os donativos de 2017 ascenden a máis de 27.000 euros

Por cuarto ano consecutivo Bodegas Martín Códax destina a recaudación obtida coa venta de entradas en Os Xoves de Códax a fins benéficos. Este ano o importe total que se repartirán as nove asociacións beneficiarias ascende a máis de 27.000 euros.

O acto de entrega das donacións, tanto dos concertos domes de xullo coma dos de agosto, tivo lugar hoxe na terraza da Bodega, contando coa presencia de representantes de cada unha das asociacións:  Cáritas Arousa, Afasal, Eperanza Salnés, Lar pro saúde mental, Fundación Arela, Down Pontevedra, la Fundación de Medicina Xenómica de Galicia e AECC Pontevedra.

Por parte de Bodegas Martín Códax estiveron presentes D. José Martínez Chantada, presidente da adega e María Garrido, Directora de Marketing, quenes agradeceron ás asociacións toda a labor realizada.

Música e solidaridade

Os Xoves de Códax convertíronse en 2014, non só nun proxecto de apoio aos artistas e á música de Galicia, senón tamén nun proxecto solidario que, grazas á colaboración con máis de 15 entidades, puido dar apoio a causas tan diversas como a asistencia a personas sen recursos ou con discapacidades, o apoio a nenos con enfermidades de larga duración e a investigación de enfermidades coma o cancro ou o Alzheimer.

Ata o día de hoxe, a Bodega enorgullecese de ter recaudado, con esta iniciativa, máis de 65.000 euros, aspirando a manter o seu compromiso durante moitos máis anos.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario