Os Xoves de Códax galardoada como mellor experiencia enoturística nos International Wine Challenge 2024

03 de Decembro de 2024

A nosa proposta enoturísitca Os Xoves de Códax foi galardoada co prestixioso premio á Mellor Experiencia Enoturística nos Premios International Wine Challenge 2024.

A nosa proposta enoturísitca Os Xoves de Códax foi galardoada co prestixioso premio á Mellor Experiencia Enoturística nos Premios International Wine Challenge 2024.

IWC_MEJOR EXPERIENCIA ENOTURISTICA

O ciclo musical Os Xoves de Códax, unha das nosas experiencias enoturísticas máis emblemáticas, foi galardoada co prestixioso premio á Mellor Experiencia Enoturística nos Premios International Wine Challenge 2024, durante a Gala celebrada onte, 2 de decembro no Hotel Eurobuilding de Madrid. Este recoñecemento pon en valor a excelencia de Os Xoves de Códax, un ciclo de concertos que combina música, solidariedade e unha experiencia única en torno ao viño.

Un galardón que se suma a unha destacada traxectoria no ámbito do enoturismo, a cal inclúe o premio ao Mellor Proxecto de Enoturismo do Ano 2022 nos Premios Verema e o recoñecemento como Mellor Adega Aberta ao Enoturismo 2022, outorgado por Rutas del Vino de España e ACEVIN.

Celebrado na terraza da adega con vistas privilexiadas á Ría de Arousa, Os Xoves de Códax logrou consolidarse como unha das nosas experiencias máis emblemáticas. Este ciclo musical non só ofrece unha fusión única de estilos interpretados por recoñecidos artistas nacionais, senón que tamén reforza o compromiso da adega coa cultura, a música e o seu colectivo.

Os Xoves de Códax son, ademais, unha homenaxe ás asociacións beneficiarias, que comparten protagonismo neste evento solidario. A iniciativa enmárcase no noso compromiso de sustentabilidade social e económica coa nosa contorna. A recadación obtida de cada edición destínase integramente a proxectos sociais de diversa índole, seleccionados previamente por un Comité da Adega entre unha ampla variedade de propostas presentadas. Desde o seu inicio, máis de 270.000 euros foron distribuídos entre diferentes asociacións solidarias, reflectindo o impacto positivo do proxecto na nosa comunidade.

O enoturismo é unha peza crave do noso proxecto, buscando achegar o mundo do viño aos nosos visitantes a través de distintas experiencias enoturísticas coidadosamente deseñadas. Buscamos transmitir a nosa esencia, paisaxe e cultura a través dos nosos viños e de cada experiencia enoturísitca, achegando á nosa comunidade e deixando pegada no corazón de quen nos visita.

WhatsApp Image 2024-12-02 at 23.11.21

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario