A xente que nos acompañou verán tras verán en Os Xoves de Códax, saben do que falamos cando dicimos que é una experiencia digna de vivir en primera persoa.
Un ciclo que suma sete edicións e que é xa unha cita musical ineludible do verán das Rías Baixas.
Agora esa experiencia, que involucra o traballo e o esforzo de moita xente diante e detrás do escenario, foi galardoada polos Premios Paraugas, os Premios da Comunicación e do Marketing en Galicia. ¿Os motivos? ¿Aínda é preciso que os contemos?
Unindo paisaxe, cultura, música e viño, Os Xoves de Códax ofrecen a posibilidade de gozar do talento dalgúns dos mellores artistas galegos e do resto do panorama nacional musical. Na nosa terraza, a fusión é a protagonista: concertos únicos nun escenario polo que pasaron voces como as de Silvia Pérez Cruz, Iván Ferreiro, Santiago Auserón, Alba Molina, Carmen París, Martirio, Sole Giménez e Teo Cardalda, Uxía, Cristina Pato, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Sés, e un longo etcétera.
E, aínda así, o verdadeiro espectáculo vai máis alá do que acontece enriba do escenario. A recadación das entradas dos concertos destínase a diferentes entidades sen ánimo de lucro da zona, o que nos permitiu doar mais de 100.000 euros a distintas causas ao longo do ciclo.
Sen dúbida, un premio que recibimos con moitísima alegría e que nos anima a seguir traballando en Os Xoves de Códax, para que máis e máis xente poida seguir gozando dos momentos máxicos que aquí se viven.
He disfrutado de muchos conciertos del verano, esperamos con ilusión la temporada 2019.Nos sorprendió y encantó el grupo Jenny & Mexicans,… A ver si vuelven….
Saludos
¡Muchas gracias por tus palabras Manuel! Tomamos nota de tu sugerencia y esperamos poder contar contigo en Os Xoves de Códax 2019. ¡Un saludo!