Pablo Lesuit e Jenny and the Mexicats fan vibrar o chan en “Os Xoves de Códax”
12 de Agosto de 2022
A recadación das entradas do concerto deste 11 de agosto, na terraza de Bodegas Martín Códax, irá destinada á Asociación Arela. Esta entidade sen ánimo de lucro ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social en Galicia
A recadación das entradas do concerto deste 11 de agosto, na terraza de Bodegas Martín Códax, irá destinada á Asociación Arela. Esta entidade sen ánimo de lucro ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social en Galicia
A xornada deste xoves, 11 de agosto, foi vibrante. O público non estivo quieto nin un só instante e gozou dunha velada do máis divertida con Pablo Lesuit e a banda Jenny and the Mexicats, na IX edición do ciclo musical solidario “Os Xoves de Códax”.
Nos últimos anos, Pablo Lesuit consagrouse como un músico multi- instrumentista, cantante e compositor galego, destacando na nova escena da canción iberoamericana polo seu estilo persoal e independente. A súa música non entende de fronteiras ou etiquetas; libre, viaxa por intensas paisaxes nas que a poesía das súas letras combínanse con doses de percusión, guitarras e samplers.
Lesuit colaborou en gravacións e concertos con artistas coma Jorge Drexler, Eladio y Los Seres Queridos ou a arxentina Esmeralda Escalante de Aínda Dúo, e participou en grandes festivais de España e Latinoamérica.
Pola súa parte, Jenny and The Mexicats, que volven a “Os Xoves de Códax”, son unha fantástica banda multicultutal que reúne a Jenny (inglesa), Icho e Pantera (mexicanos), para crear perfectos ritmos de jazz, rockabilly, folk, flamenco e reggae que aderezan con cálidas sonoridades latinas.
Grazas ao seu interese e a súa curiosidade por coñecer culturas e países novos, Jenny and the Mexicats teñen moitos quilómetros ás súas costas. De feito, xa levaron a súa xira mundial por catro continentes, o cal se plasma nas súas cancións: na mestura de culturas reside a súa riqueza musical. Con Jenny como frontwoman, a banda desprega os seus encantos enriba de cada escenario, facendo un espectáculo para que todos, sen excepción, saian a bailar. E así foi na terraza de Bodegas Martín Códax.
A recadación das entradas do concerto deste 11 de agosto, en “Os Xoves de Códax”, irá destinada á Asociación Arela. Esta entidade sen ánimo de lucro ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social, en Galicia. O seu obxectivo e fomentar iniciativas de intervención e prevención de calidade e normalizadoras, nestas situacións, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúen.
Arela nace en setembro de 1998 e conta no seu seo cun grupo de 100 profesionais que traballan coa infancia en Galicia. Un equipo de contrastada experiencia formado por psicólogos, pedagogos, educadores, traballadores sociais, etc.