O noso albariño Martín Códax acaba de ser galardoado nun dos concursos internacionais máis importantes de España, os Premios Bacchus, cun Bacchus de Plata.
Organizados pola Unión Española de Catadores é a gran cita española co mundo do viño. Trátase do único concurso internacional de viños en España que pertence na actualidade a VINOFED, a federación que integra aos máis reputados concursos a nivel mundial. A iso únese o feito de estar recoñecido pola Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV) e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA) de España. Tres organismos de prestixio que confirman a Bacchus como referente mundial.
Na edición 2014 participaron un total de 1593 viños procedentes de 20 países diferentes de todo o mundo como Australia, Brasil, Alemaña ou Taiwán entre outros.
Martín Códax foi seleccionado por un xurado composto por máis de oitenta profesionais do sector, como xornalistas especializados, sumilleres, enólogos, Masters of Wine, Masters of Sommelier, de diferente procedencia.
Pero non todo queda aí. Uns días antes de recibir este Bacchus de prata, Martín Códax recibía tamén unha medalla de ouro nos Premios Monovino 2014, organizados pola asociación Alamesa e o Círculo do viño e no que se valoraban viños elaborados cun único varietal. Martín Códax Lías, pola súa banda recibía neste certame unha medalla de prata.
Trátase dos primeiros premios do 2014 que xa avalan unha colleita, a 2013 que pronto estará no mercado para que todo o mundo poida gozala.
Prata en Bacchus e Ouro en Monovinos
20 de Marzo de 2014
Primeiros premios do 2014
Primeiros premios do 2014
Etiquetas: albariño, Bacchus 2014, calidad, concurso, martin codax, Monovinos 2014, premios, rias baixas
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario