Por unha igualdade efectiva

12 de Agosto de 2013

Responsabilidade social corporativa

Responsabilidade social corporativa

Avanzamos en materia de igualdade. Puxémonos en mans da Fundación Mulleres e desenvolvemos un Plan de Igualdade que nos permitirá integrar o principio de equidade de trato entre homes e mulleres no ámbito laboral e continuar avanzando cara á paridade efectiva entre ambos os dous sexos dentro da organización.

A Fundación Mulleres, no diagnóstico previo ao plan, destacou o compromiso da adega coa igualdade de mulleres e homes nun sector que tradicionalmente foi predominantemente masculino. Un compromiso que se adquiriu xa nas primeiras etapas da empresa e que continuou ao longo dos anos e se fai patente ante o progresivo incremento de mulleres no grupo empresarial.

Sinalan ademais que a responsabilidade de Martín Códax en relación ao respecto pola igualdade de xénero é tamén visible grazas á súa participación en proxectos como o Integra, cofinanciado polo Ministerio de Medio e Medio Rural e mariño, FEADER e Cooperativas Agro-Alimentarias cuxo obxectivo é apoiar a participación das mulleres nos ámbitos de toma de decisión de cooperativas. Finalmente, a mesma fundación resalta o esforzo da adega por aumentar a presenza feminina na empresa nos últimos anos coas mesmas condicións que o resto de persoal así como a sensibilidade da cooperativa respecto ás necesidades de conciliación da vida laborar, familiar e persoal do equipo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario