O noso director xeral, Juan Vázquez Gancedo, recibía este venres o Premio honorífico dos II Premios Paraugas de Comunicación e Márketing de Galicia, no transcurso dunha gala que tivo lugar en Expourense e tras participar no 5º foro da Comunicación.
A Xunta Directiva do Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia, organizadores destes premios, decidiron que Juan Vázquez fose un dos grandes homenaxeados da noite pola súa traxectoria e grandísimo papel na posta en valor do marketing e a comunicación empresarial, así como do desenvolvemento e o posicionamento de marcas.
Un premio que quere recoñecer o mérito e o traballo daquelas persoas que fixeron e seguen facendo tanto polo marketing e a comunicación de Galicia, traspasando fronteiras sen ningún tipo de complexos. E que, nesta ocasión recaeu sobre o director dunha cooperativa que fixo da marca, o seu gran aliada.