Axenda de verán 2018

25 de Xuño de 2018

(Español) Presentación de las actividades de verano

(Español) Presentación de las actividades de verano

presentación int

 

Bodegas Martín Códax presentou esta tarde nas súas instalacións en Cambados a programación cultural e enoturística para os próximos meses de xullo, agosto e setembro, programación da que puideron desfrutar dun pequeno anticipo todos os asistentes á presentación.

As actividades que a bodega cambadesa ten preparada para a época estival inclúen unha exposición fotográfica e experiencias enoturísticas que reúnen a esencia do Atlántico nos sabores dos produtos de temporada e dos produtores que elaboran eses produtos con matices asiáticos e de fusión, pero sempre respectando os sabores, esencia e calidade da materia prima.

Dentro da oferta cultural para este verán atopamos, alén do ciclo de concertos Os Xoves de Códax, unha exposición fotográfica a cargo da fotógrafa galega Cris Andina. Esta ribadense preséntanos unha selección das súas fotografías máis emblemática con temática musical dos últimos cinco anos, permitíndonos facer unha viaxe por diferentes salas e festivais de toda Galicia. En Música desde esta beira do Atlántico baixo a óptica de Cris Andina, a fotógrafa plasma a través de músicos e cantantes a esencia e emoción das postas en escena e da propia esencia musical, achegando os momentos únicos que se dan sobre o escenario aos que contemplan os instantes que capta coa súa cámara.

Outra das novas actividades propostas dende a bodega para os seráns deste verán é unha innovadora experiencia enoturística para todos aqueles que queiran coñecer da grandeza do Atlántico e das Rías Baixas concentrada na nosa bodega. Por iso, A terraza de Martín Códax presenta: As tardes do Atlántico’, unha viaxe a través dos sentidos pola esencia e tradición atlántica.

Neste ciclo, a bodega propón unha nova forma de achegarnos aos produtos galegos dende unha nova óptica: maridaxes arriscados con queixos pouco coñecidos, empanadas artesanais, ou cun toque de fusión como os que propoñen os pratos de sushi japo-galego e dumplings que esconden no seu interior recheos elaborados coas esencia da cociña tradicional galega.

E, falando de sabor atlántico, non poderían faltar os viños elaborados co froito dos viñedos do Val do Salnés. Katia Álvarez, directora de Enoloxía de Martín Códax, guiou a través da cata dos diferentes produtos da bodega a todos os asistentes á presentación, para que puidesen apreciar todos os matices, aromas e sabores do albariño.

A primeira Tarde do Atlántico celebrarase o vindeiro martes 3 de xullo, tarde na que serán protagonistas o vino e o sushi elaborado con produtos da zona. Todos os interesados en participar nesta actividade, que terá un prezo de 15 euros por persoa, deberán realizar reserva previa chamando á bodega ao teléfono 986 526 040 ou a través do correo electrónico enoturismo@martincodax.com.

 

    1. Hola Juan. Gracias por tu interés en nuestro ciclo de conciertos Os Xoves de Códax. En las próximas semanas se presentará el cartel de la octava edición de Os Xoves de Códax por lo que te recomendamos suscribirte a nuestra newsletter y seguirnos en redes sociales para estar al tanto de todas las novedades. ¡Un saludo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario