O venres pasado, a Asociación de Amigos de Valle Inclán, presentou nas nosas instalacións o novo número da súa revista Cuadrante.
Preto de 60 persoas, entre persoas asociadas e afeccionadas e prensa asistiron a esta presentación onde tamén estiveron presentes o Conselleiro de Cultura Xesús Vázquez e o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Vázquez destacou “a esencia galega na literatura de Valle Inclán” e o presidente da Asociación, Joaquín del Valle Inclán, anunciou que para o 150 aniversario que se celebrará en tres anos, se editará unha biografía do dramaturgo.
José Martínez chantada, presidente da adega, tamén quixo agradecer á Asociación, que unha vez máis elixisen as nosas instalacións para a presentación da revista e enxalzou o labor da Asociación que durante xa case 15 anos desenvolveu torno á figura de Valle Inclán co obxectivo de recuperar a súa memoria oral, escrita e tamén arquitectónica.
Nesta nova edición da revista Cuadrante participaron autores como Rodolfo Cardona, Antonio Gago, Victoria Martínez ou Manuel Alberca e o obxectivo, segundo a Asociación, é penetrar con ela nos circuítos culturais americanos con especial relevancia en México.