Recibimos a Q de Calidade Turística

14 de Decembro de 2012

A adega recibe a Q de Calidade Turística

A adega recibe a Q de Calidade Turística

O mércores pasado, tras unha exhaustiva auditoría, recibiamos a Q de Calidade Turística da man do Instituto para a Calidade Turística Española.
Esta distinción asegura que os servizos de enoturismo que ofrecemos están baseados na calidade, seguridade e profesionalidade. Polo tanto garante á clientela a mellor experiencia turística posible.

Dende fai anos, apostamos firmemente polo Enoturismo. Na actualidade o/a turista busca experiencias de calidade e tende a fuxir das actividades tradicionais. Así, o enoturismo é concibido pola adega, non só como unha forma de coñecer as instalacións e o proceso de elaboración dun albariño, senón como un concepto que engloba a cultura das Rías Baixas que é a que concede un carácter especial aos seus viños, para que as persoas que nos visitan poidan ter unha visión global desta. Nesta liña, a oferta de servizos da adega contén actividades diversas, dende viaxes pola Ría de Arousa en barco tradicional ou veleiro, visitas a viñedos tradicionais e experimentais, xornadas de marisqueo e de vendima, diferentes degustacións dos viños que elaboran así como espazos dispoñibles para eventos e reunións.

Este completo concepto de Enoturismo, permitiunos atraer máis de 6.000 persoas no que vai de ano.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario