Percorrendo o vello e o novo mundo a través de viños brancos e queixos

30 de Outubro de 2019

Día Europeo do Enoturismo

Día Europeo do Enoturismo

TWITTER

O vindeiro sábado 9 e domingo 10 de novembro Bodegas Martín Códax convida aos apaixonados do mundo do viño a celebrar o Día Europeo do Enoturismo cun percorrido polo vello e o novo continente, a través dunha proposta de diferentes referencias de viños brancos, chegados desde o Val do Loira, en Francia, da zona do Mosel, Alemaña, ata o val de Breedekloof, na provincia de Western Cape, ao sur de Sudáfrica, pasando pola rexión de Clare Valley, en Australia, e por California, nos Estados Unidos, ademais de degustar os albariños do val do Salnés de Martín Códax.

Os presentes serán conducidos por distintos varietais con distintas orixes e poderán comparar un mesmo varietal do novo e do vello mundo, por exemplo, poderán saborear un Sauvignon Blanc francés e un surafricano, ou un Chardonnay da rexión de Languedoc-Roussillon e un norteamericano. Así mesmo, poderán sucar o Atlántico e gozar do esplendor das Rías Baixas, grazas ás burbullas dun Espumoso Martín Códax, os sabores que achegan unha fina selección de lías a Martín Códax Lías e a particularidade que achega a botrytis nobre ás uvas sobremaduras do noso Martín Códax Gallaecia.

A actividade dará comezo ás 11:30 horas cunha breve visita á adega para coñecer máis sobre a súa historia, a súa filosofía e a elaboración dos seus produtos. Os visitantes gozarán tamén dunha demostración dunha degolación tradicional a “sabrage” do Espumoso Martín Códax e ademais dunha cata maridaxe de nove viños de catro continentes con distintos queixos traídos de Galicia, España e de diferentes partes do mundo, da man da Queixería Marqués de Valladares.

A actividade, que conta cun aforamento máximo de 30 persoas, ten un prezo de 25 euros. Os interesados en participar deben adquirir a súa entrada comprando a través da nosa páxina web.

Para mercar a túa entrada preme aquí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario