Recuperamos as prácticas máis tradicionais dos viticultores do Salnés, para crear o noso Martín Códax Orange Wine

11 de Novembro de 2019

Unha edición limitada de 924 botellas dun viño de uva albariño, alaranxado e con alma de tinto, en cuxo proceso de elaboración e crianza a uva permanece en contacto cos seus hollejos e carabuñas.

Unha edición limitada de 924 botellas dun viño de uva albariño, alaranxado e con alma de tinto, en cuxo proceso de elaboración e crianza a uva permanece en contacto cos seus hollejos e carabuñas.

orange-wine_Web5

Bodegas Martín Códax presenta o seu Orange wine, un viño de uva albariño, alaranxado e cuxa elaboración recupera as prácticas máis antigas e tradicionais dos viticultores do Salnés, previas á existencia da Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha edición limitada de 924 botellas dun viño ambarino, procedente dunha pequena parcela de 0,10 hectáreas.

“O viñedo seleccionado para o Martín Códax Orange wine debe cumprir unhas características concretas, búscase un viñedo no que as uvas presenten unha boa insolación que provocan peles máis grosas, con maior concentración de taninos e compostos polifenólicos”, explica o director técnico da adega, Miguel Tubío.

Fai cincuenta anos os viticultores do Salnés elaboraban os viños dunha maneira similar ao que hoxe coñecemos como os “Orange Wines”. Pero a orixe do “Orange wine” remóntase hai máis de 6.000 anos, na zona do Cáucaso, onde naceu a vitis vinífera e onde xurdiron as primeiras elaboracións de viño, nas que os acios ao completos se elaboraban en ánforas nas que permanecían macerando. “Permanecendo fieis a esa orixe, Bodegas Martín Códax lanza esta edición limitada de 924 botellas seguindo esa forma de elaboración tradicional, que chega como outra forma de explorar todas as posibilidades dun gran varietal como é o Albariño”, subliña a directora do departamento de Enoloxía, Katia Álvarez.

Ao contrario dos albariños convencionais que buscan a maior frescura, no caso de Martín Códax Orange Wine, o proceso de elaboración en contacto coas peles provoca un viño máis seco, estruturado e tánico. “É o máis parecido a elaborar un branco como un tinto, xa que o proceso de elaboración con maceración das peles favorece a fermentación alcohólica completa (obtendo así un viño seco) e a fermentación malo-láctica (que suaviza a sensación aceda do viño), ademais de aumentar a estrutura tánica dando a sensación dunha boca de tinto. A maceración coas peles durante 6 meses provoca unha maior extracción de taninos, obtendo así sensacións en boca de máis volume, potencia e estrutura. E a cor ambarina que presenta o viño é o resultado de todos os procesos xerados ao longo da fermentación e maceración en contacto coas peles e carabuñas”, detalla Álvarez.

O Martín Códax Orange wine poderá adquirirse a través da tenda da nosa páxina web. Preme aquí!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario