A poucos meses de disputarse a regata máis lonxeva da vela galega, a 51ª edición da Martín Códax Rías Baixas xa anunciou as datas nas que terá lugar e os portos nos que recalará.
Será o 13 de agosto cando dea comezo esta competición que sairá unha vez máis dende o Real Club Náutico de Vigo, organizadores desta. Esta primeira etapa finalizará no Porto de Sanxenxo e o seu percorrido alcanza as 21 millas.
Ao día seguinte, os barcos partirán dende Sanxenxo con destino A Pobra de Caramiñal e xa dende alí, o día 15 de agosto terá lugar a etapa raíña: A Pobra de Caramiñal – Combarro. Trátase da proba máis longa e dura: un total de 30 millas ás que terán que facer fronte os regatistas.
Para poñer punto final á regata, o día 16 de agosto chegarán de novo ao porto de saída, El Real Club Náutico de Vigo onde se coñecerá por fin os gañadores desta nova edición da regata.
En total, os centos de competidores vidos de todos os recunchos de España, terán que percorrer un total de 100 millas ao longo de 4 días de regata.