Retasteled, pola redución do deterioro fotoquímico do viño

29 de Abril de 2019

Novo proxecto de I+D+i

Novo proxecto de I+D+i

image001 image002

En Bodegas Martín Códax seguimos apostando pola investigación para mellorar a calidade dos nosos viños. Por iso, decidimos participar no proxecto Retos Colaboración: Redución da deterioración fotoquímico do viño mediante o desenvolvemento de novas tecnoloxías led para o seu uso en adega e lineais de venda ( RETASTELED, Proxecto RTC-2017-6646-2).

O proxecto ten como principal obxectivo promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. En concreto, RETASTELED busca desenvolver novos procesos enolóxicos que minimicen o potencial desenvolvemento do gusto de luz, é dicir, diminuír os efectos da exposición á luz no vino.

De igual maneira este obxectivo combínase co desenvolvemento de novas fontes de luz LED que permitan ás bodegas producir viños de calidade e controlar nas súas instalacións a foto-degradación que poida producirse nos seus produtos. Ao mesmo tempo, estas novas fontes de luz permitirán ás grandes superficies e tendas especializadas a exposición e venda dos viños en un ambiente controlado con garantías de non afectar negativamente ás súas propiedades organolépticas.

Cunha duración prevista de 42 meses, ata o 31 de decembro de 2021, o proxecto está financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades – Axencia Estatal de Investigación e Fondos da Unión Europea. Liderado por Bodegas Ramón Bilbao S.A., neste proxecto participamos tamén xunto con Prilux Iluminación I MAS D S. L. e a Fundación Parque Tecnolóxico do Viño VITEC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario