Na actualidade, as enfermidades relacioadas coa madeira da vide son a maior ameaza do sector vitivinícola, non so a nivel nacional, senón tamén no marco mundial. É a principal causa de mortalidade das cepas. Os síntomas empezan nas follas e pámpanos e provocan unha decaída irreversible das plantas afectadas.
Dentro deste contexto, e debido a que hoxe en día non existe no mercado tratamentos efectivos para o control destas enfermidades, nace RETMAVID 15. Neste proxecto de investigación e desenvolvemento experimental, no que Bodegas Martín Códax colabora, están tamén outras dous grandes bodegas do panorama nacional: Viñas del Vero e Finca Constancia así como os Centros Tecnológicos VITEC e IIVV da Universidade de León. O obxectivo é minimizar a incidencia de enfermidades de madeira de vide e prolongar o tempo de produción do viñedo, mediante novas tecnoloxías e produtos.
Este proxecto, que recibe o nombre completo de “Aplicación de nuevas tecnologías para la monitorización y prolongación del tiempo de producción del viñedo y el desarrollo de nuevos productos y estrategias para el manejo integral de enfermedades de madera de vid” inclúe grandes zonas vinícolas nacionais afectadas por estas patoloxías como son Castilla La Mancha, Rias Baixas-Galicia e Somontano-Aragón.
Cunha duración prevista de 3 anos, RETMAVID conta cun orzamento de 971.697,85€ para a súa execución, para o que recibiu unha axuda do Ministerio de Economía y Competitividad (MINECO) de 731.869,20€ no marco da convocatoria Retos Colaboración 2015 do Programa Estatal de I+D+i orientado aos retos da sociedade.
#esenciamartincodax