Martín Códax viaxa arredor do mundo, grazas a súa presenza casi en 50 países dos cinco continentes. Mais con frecuencia, poderedes vernos en Gran Bretaña, un dos mercados estratéxicos para a bodega, non só polo volume de vendas se non porque dende sempre se caracterizou por ser un dos países que marcan tendencias de consumo en cuestión de viños.
Así, dentro da nosa estratexia de internacionalización e diversificación, este ano, comenzámolo voando ata aquí para asistir ao Road Show organizado polo noso importador Liberty Wines e que percorrerá, ademáis da capital, as cidades de Manchester, Edimburgo e Dublín.
Durante os meses de enero e febreiro, nós, xunto a outros produtores vidos de todo o mundo, estaremos con Martín Códax en algúns dos núcleos urbanos de maior potencial en Reino Unido e Irlanda.
Accións que non só axudarán a seguir situando os nosos viños, se non tamén exportando a marca Galicia.
Nesta ocasión, contamos ademáis coas axudas do Igape e a Xunta de Galicia, coofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco operativo Feder Galicia 2014-2020, outorgados pola Unión Europea.