Showcooking no restaurante fisterrá O´Fragón, organizado por Bodegas Martín Códax na terraza do CGAC

07 de Xullo de 2023

No calendario das actividades culturais dentro da exposición Fragmentos de Onte, Sefa Ínsua, a xefa da cociña do restaurante O´Fragón, será a encargada do showcooking que se fará na terraza do CGAC en Santiago de Compostela o vindeiro 13 de xullo ás 20:00.

No calendario das actividades culturais dentro da exposición Fragmentos de Onte, Sefa Ínsua, a xefa da cociña do restaurante O´Fragón, será a encargada do showcooking que se fará na terraza do CGAC en Santiago de Compostela o vindeiro 13 de xullo ás 20:00.

cartel showcooking_USC_Santiago

Da man de Sefa Ínsua, xefa da cociña do restaurante O Fragón, todos os asistentes poderán coñecer a increíble e xenuina cociña basada en productos de lonxa, de proximidade, ecolóxicos e de mercado. Esta proposta gastronómica tan intersante será a maridaxe perfecta e innovadora co que acompañar ás elaboracións especiais de Bodegas Martín Códax.
O sumiller da Adega será o encargado de comentar todas as elaboracións de Martín Códax que mellor mariden coa selección de pratos que o restaurante O Fragón ofreza a todos os que asistan ó showcooking. Unha mostra de cómo a influencia do Atlántico está presente na personalidade dos albariños Martín Códax, ó igual que nas creacións que presenta a gastronomía de O Fragón.

¡Consigue aquí as túas entradas! 

Ademais, a Exposición Fragmentos de Onte estará aberta de martes a venres de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 10:30 horas e os domingos de 11:00 a 14:30 horas.
Os sábado ás 11:30 horas haberá visitas guiadas gratuitas da man de Sete Espadelas, comisarios da Exposición, e as entradas deberán reservarse previamente na web da Adega.
Toda a información da edición especial e das actividades da exposición poderá atoparse na web de Bodegas Martín Códax https://mtr.bio/bodegasmartincodax

fragón01

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario