O pasado 9 de novembro, Día Europeo do Enoturismo, comezaba o ciclo dos Showcookings de Códax coa cociña en directo do afamado xefe de cociña galego Pepe Solla.
Coas entradas esgotadas en tan só tres días e o bo gusto desta Estrela Michelín, o éxito estaba asegurado.
Solla cociñou en directo cinco pratos que maridaron con cinco dos nosos viños. Entre eles, Martín Códax Vindel, o noso novo albariño; un viño único e sorprendente procedente dunha viticultura extrema. Un 100% albariño cuxa uva é sometida a unha sobremaduración prolongada e extraida dunha vendima seleccionada.
O menú quedou do seguinte xeito:
- Ceviche cremoso de navallas e millo, maridado con Martín Códax 2013
- Bonito con sopa de tomates e aromáticas, maridado con Martín Códax Lías 2011
- Vieira green tallarín, maridada con Organistrum 2012
- Peixe en salsa verde de algas, maridado con Martín Códax Vindel 2012
- Ovo frito que non fritimos, maridado con Martín Códax Gallaecia 2011
Como sorpresa final, Torta de Santiago con Licor Café Martín Códax.
Queres ver como foi o evento? Non che perdas o noso vídeo.