O protagonista da segunda sesión dos Showcookings de Códax foi o xefe de cociña do restaurante grovense Culler de Pau, Javier Olleros.
De novo, todas as prazas esgotadas para gozar da orixinal cociña deste chef que está baseada nos sabores tradicionais galegos pero sempre coa innovación por diante.
Os viños maridados foron unha vez máis as elaboracións especiais da bodega, incluído o novo albariño Martín Códax Vindel, homenaxe ao Pergameo Vindel, o documento onde apareceron por primeira vez a música e letras orixinais das cantigas do trobador do que toma o nome a adega e cuxo centenario se celebra este ano.
O traballo e o esforzo do equipo de Culler de Pau deixáronse ver nos complexos maridaxes que elaboraron:
- Vieiras con sabores do mar, con Martín Códax
- Peixe azul marinado con salgaduras e tomate, para Martín Códax Lías
- Berenxena con xugo de cebola, osmundea e ovas de rodaballo, maridada con Organistrum
- Polbo en caldeirada cítrica con Martín Códax Vindel
- Remolacha curtida con salsa escabechada de galiña de Mos e mazá, maridado con Martín Códax Gallaecia.
Non hai palabras para describir o resultado. Por iso, deixámosvos unha imaxes que resumen o evento á perfección.