Un dos xefes de cociña máis recoñocedos de Galicia, e agora tamén o máis mediático pola súa participación como xurado en Top Chef, foi o encargado de poñer o broche de ouro e dar por finalizados “Os Showcookings de Códax”.
O cambadés Yayo Daporta, propietario do restaurante que leva o seu nome e poseedor dunha Estrela Michelín, acercou a súa cociña “baseada no bo gusto e sentido común e a cabalo entre a vangarda e a tradición” a un público que esgotou as entradas nada máis poñerse á venda.
E a verdade é que a súa gastronomía non defraudou a ninguén. Abriu o showcooking cunha mouse de coliflor, reducción de viño tinto, berberechos e aceite de albahaca que quiso maridar co noso buque insignia, Martín Códax.
Para acompañar a Martín Códax Lías, Daporta decantouse por uns mexilóns en tempura, cruxente de arroz e algas e aire de mexilón ao que lle siguiu unha sardiña lixeramente asada empanada que casou perfectamente co albariño fermentado en barrica, Organistrum.
Por último, chegaban as maridaxes máis esperadas. Unhas deliciosas cocohas de merluza ao pilpil con guisantes tenros estofados con tociño ibérico combinaron á perfección co noso último albariño: Martín Códax Vindel. Un viño único e sorprendente, nacido dunha viticultura extrema e elaborado con uvas sobremaduras que se deu a coñecer ao público a través deste ciclo de clases mestras.
O noso vendima tardía, Martín Códax Gallaecia maridou finalmente cunha vieira á galega versión 2014.
Perdíchescho? Pois nós cho mostramos