Todo a punto para a vendima 2021

17 de Setembro de 2021

Adegas Martín Códax comeza a vendima mantendo o protocolo COVID de grupos burbulla, instaurado con éxito o pasado ano.

Adegas Martín Códax comeza a vendima mantendo o protocolo COVID de grupos burbulla, instaurado con éxito o pasado ano.

Bodegas_Martin Codax_vendimia_03

Durante o tres próximas semanas todo indica que as previsións meteorolóxicas serán favorables e poderemos realizar unha vendima pausada e moi selectiva, dando tempo así a que toda a uva alcance o seu nivel óptimo de maduración.

En palabras de Miguel Tubío, Director Técnico de Adegas Martín Códax, “Como viña sendo habitual outros anos e tal e como aconteceu no 2019 ou mesmo nos anos 90 e aos inicios da D.O. este ano a vendima comenza na segunda quincena de setembro, marcada polas condicións climatóloxicas e as temperaturas frescas que temos experimentado este verán tan típico da zona na que nos atopamos”. Además, añade que se prevé “unha colleita boa, superior a do ano pasado, tanto en calidade como en cantidade”.

Bodegas_Martin Codax_vendimia_02

A fin de garantir a saúde dos nosos viticultores e traballadores e asegurar unha vendima segura, puxemos un ano máis especial énfase en todos os procesos de adega e viñedo, seguindo un protocolo COVID específico xa instaurado con éxito na vendima de 2020.

Ademais dos controis propios esixidos polas autoridades sanitarias para este tipo de actividades, para minimizar ao máximo o risco de contaxio, volveremos utilizar o noso propio sistema baseado na creación de grupos burbulla.

Bodegas_Martin Codax_vendimia_01

 

Así, tanto viticultores como traballadores serán identificados por cores funcionando como unidades independentes de produción, cuxo responsable se ocupará de controlar ao seu equipo e cerciorarse de que se cumpran as medidas.

Para estes grupos burbulla establécense normas como a toma de temperatura, saídas e entradas graduadas para non coincidir con outros equipos, lugares e horarios de descanso diferenciados, así como normas para interactuar cos membros da súa propia cor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario