Torneo Parellas Martín Códax

11 de Setembro de 2013

Golf Meis

Golf Meis

 

Garriga y Giráldez gañan a última proba e a xeral da Liga de Parellas “Martin Codax” 2013

A segunda edición da Liga de Parellas que Bodegas Martín Códax vén patrocinando dende 2012, arrancou o pasado domingo 15 en Golf Meis.

Esta competición, organizada polo Club de Golf Chan do Fento, comprendeu seis pruebas,a desenvolverse ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro, mediante un sistema de liga.
==================================================

Miguel Garriga e Eugenio Giráldez impuxéronse nesta última manga, disputada na modalidade máis esixente, “Copa Canadá stableford“. Garriga fixo 35 puntos (+1) e Giráldez, 39 (-3) para un acumulado de 74 que lles outorgou a vitoria sobre o tandem pontevedrés Jaime Dobarro / Manuel F. Palmeiro,también con 74, pero quedaron segundos por ter hándicap acumulado máis alto.

Garriga e Giráldez conseguiron os 20 puntos que outorgaba esta última proba e gañaron a xeral final cun total de 42, despois de haber puntúado en todas e cada unha das seis probas que compuxeron a Liga.

Os campións compartiron o partido estelar coa parella que estivera liderando a xeral, o dúo grovense formado por Manuel Lamas e Fran Domínguez, os que loitaron ata o último burato por enxugar a diferenza que os gañadores lles habian tomado dende o burato 2.

Concluíron cun acumulado de 71 puntos, destacando o vueltón de Fran quen fixo 41 (cinco baixo par). Sumaron 10 puntos e totalizaron 35 para quedar subcampions.

A terceira praza final foi, precisamente para Dobarro e Palmeiro grazas ao arreón que lles deparou a segunda praza do domingo, dotada con 16 puntos co que totalizaron 29.

As tres primeiras parellas da clasificación xeral serán galardoadas no acto de entrega de premios da tempada que se celebrará o próximo domingo 15 de decembro, na casa club do campo de golf de Monte Castrove (Meis),

Martín Códax participa no irmandamento de golfistas séniors galegos e vascos.

O irmandamento anual que golfistas séniors galegos e vascos realizan alternativamente nun ou outro territorio, culminou o martes 10 en San Sebastián cun acto de despedida no que estivo presente Bodegas Martín Códax.

Como se ve na imaxe, a expedición galega que este ano tenia que devolver visita os vascos, agasallou os seus anfitrions cos nosos viños durante a comida que puxo termo a unha semana de visita, trufada de golf e gastronomia.

A delegación galega, formada por 34 persoas que procedían dos clubs de golf de Meis, Ria de Vigo, Aero Club, Miño, Hércules e Val de Rois, partiu o 6 de setembro, con escala previa en Gijón. Asistiron ás festas da cidade donostiarra e xogaron dúas competicións contra os seus homólogos vascos nos campos de Basozabal e Real Club de Golf de San Sebastián.

Entre os integrantes da delegación galega, figuran varios xogadores do Club de Golf “Chan do Fento” que, patrocinado por “Bodegas Martin Codax“, se acaba de proclamar gañador, por terceiro ano consecutivo, da Ruta do Viño, unha competición de golf para séniors, promocida pola Federación Galega de Golf.

En 2014, serán os séniors vascos que visiten Galicia, entre o 6 e o 11 de setembro segundo o calendario que xa se acordou

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario