Unha gala ao redor da cultura do viño para os 10º Premios Martín Códax da Música
08 de Xuño de 2023
A gala de entrega celebrouse a noite do mércores 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra
A gala de entrega celebrouse a noite do mércores 7 de xuño no Pazo da Cultura de Pontevedra
A festa das músicas e músicos de Galicia recoñeceu co premio honorífico a Luz Casal e na categoría de Artista Emerxente ao pianista e compositor Sergio de Miguel. Nas quince categorías artísticas dos Martín Códax subiron a recoller premio Arrhythmia, Su Garrido Pombo, Udra, Terrae, Quico Comesaña + Grupo, Ailá, Ton Risco e Marcos Teira, Banda de Música Cultural de Salceda, Moura, Sila Lua, Orquestra La Oca Band, Mario G. Cortizo, David Regueiro Trío Ft. Alexandre Cavaliere, Momboi e Pillaband. Os Premios Organistrum foron para a Sala Rebullón de Mos, na categoría de Salas, Galiciantunes na categoría de Proxectos de Comunicación, e a Foliada da Fonsagrada, na de Festivais.
Unha gala dirixida e presentada polo dúo Vaguedades, que forman os actores Isabel Risco e Fran Rei, que, caracterizados como Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, articularon un espectáculo ao redor do viño que se puido seguir a través da web dos premios.
Na recta final da gala, a xunta directiva de Músicas ao Vivo tomou a palabra antes da entrega do galardón honorífico 2023 a Luz Casal, unha das voces máis valoradas neste século na escena europea, e que subiu ao escenario a recollelo como colofón á gala. Recibiuno da man de Sheila Patricia, presidenta de Músicas ao Vivo, e de Xoán Antonio Allegue López, presidente das Bodegas Martín Códax. A directiva de Músicas ao Vivo quixo recoñecer “a riqueza, delicadeza e inconformismo como intérprete e compositora” que caracterizan a traxectoria da artista nacida en Andabao, Boimorto.
PROXECTOS GALARDOADOS 10º PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA
Metal e heavy: Arrhythmia
Canción de autor/a: Su Garrido Pombo
Blues, Funk e Soul: Udra
Electrónica: Terrae
Folk: Quico Comesaña + Grupo
Música Tradicional: Ailá
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Ton Risco e Marcos Teira
Bandas de Música Popular: Banda de Música Cultural de Salceda
Rock e punk: Moura
Músicas urbanas: Sila Lua
Orquestas, Grupos e Música de Verbena: Orquestra La Oca Band
Música Clásica e Contemporánea: Mario G. Cortizo
Jazz e Músicas Improvisadas: David Regueiro Trio Ft. Alexandre Cavaliere
Pop e indie: Momboi
Música Infantil: Pillaband
Artista Emerxente: Sergio de Miguel
Premios Organistrum:
Salas: Sala Rebullón
Proxectos de Comunicación e Difusión: Galiciantunes
Festivaiss: Foliada da Fonsagrada
Honorífico 2023: Luz Casal