COLABORAMOS NO CICLO DE CONCERTOS “ HOMENAXE ÁS TROBADORAS E TROBADORES DO SÉCULO XXI”.
Presentamos a nova anada de Martín Códax Vindel, no primeiro dos espectáculos protagonizado polo trío Ulobit.
Este venres, 2 de febreiro, presentaremos a nova anada de Martín Códax Vindel, nacido no centenario da aparición do Pergamiño ao que rende homenaxe e que alberga as sete cantigas de Martín Códax. Farémolo tras o concerto “ Variacións sobre as cantigas do Pergamiño Vindel”, que se celebrará no Museo do Mar de Galicia (Vigo), a cargo do Trío Dixital Ulobit. A proposta, resultado do traballo levado a cabo nunha residencia artística multidisciplinar, presentará unha reinterpretación das cantigas de Martín Códax en forma de concerto inmersivo onde os efectos audiovisuales, a música, a danza e a voz serán os protagonistas. Un concerto no que ademais desta formación, tamén participarán a bailarina Ánxela Branco, a cantante Alba María, a percusionista Lucía Martínez e o clarinetista Fernando Abreu.
É o primeiro dos tributos ao Pergamiño Vindel, exposto na mostra “Un tesouro en sete cantigas” e que abandona Galicia o próximo mes de marzo. Un concerto que forma parte do ciclo que despide a este xoia histórica “Homenaxe ás trobadoras e trobadores do século XXI”, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e no que colaboramos.
Así pois, tras este primeiro concerto, os asistentes terán a oportunidade de probar en primicia a anada 2015 de Martín Códax Vindel, un viño único e singular, nacido dunha viticultura extrema e unha complexa elaboración que parte dunha sobremaduración da uva albariño, que neste viño tórnase rosácea. Será un dos momentos máis especiais da noite, de novo coa vista posta no trobador do s. XIII que tamén cantaba ao albariño.
O “homenaxe ás trobadoras e trobadores do século XXI” finaliza co concerto do 3 de marzo no Teatro AFundación. O espectáculo “O primeiro elepé vigués”, de novo en referencia ao Pergamiño Vindel, reunirá a algúns dos principais músicos do panorama actual galego como Iván Ferreiro, Rosa Cedrón, Susana Seivane ou Eladio Santos, entre outros.