A finais da primeira semana de outubro a adega comezaba a vendima de forma xeneralizada.
Foi unha vendima de records. A máis tardía dos últimos anos debido á atípica climatoloxía que se viviu no Val del Salnés, cunha primavera moi fría, sobre todo no mes de maio que atrasou a floración ata tres semanas e un verán extremadamente seco e caloroso. Pero tamén a máis rápida e intensa (o groso do traballo completouse en tan só seis días) a causa das precipitacións caídas na fase final que aumentaron o risco de aparición de botritis.
Finalmente o traballo está feito e toda a uva xa entrou en adega. A pesar dos contratempos, presenta un bo equilibrio entre o grao e a acidez precisamente grazas a estas últimas chuvias. O grao da uva, pola súa banda, é máis moderado que nos últimos anos e rolda os 12% ou 12.5%.
O rendemento conseguido tamén foi moi óptimo e logramos unha produción similar á do 2010, que foi unha colleita excelente.
En canto á nova anada, os nosos enólogos prevén que teña unha tipicidade moi marcada que recorde aos clásicos albariños de Rías Baixas.