Segunda quincena de setembro e, segundo o previsto, arrinca a vendima en Rías Baixas. As 400 hectáreas de viñedo que controla Bodegas Martín Códax agardan a ser cultivadas, de xeito graduado, atendendo a que as uvas alcancen o punto de maduración óptimo.
O traballo realizado nos últimos anos en materia de I+D+i permitiu xa a Martín Códax seleccionar a uva no propio viñedo de maneira que chegue de forma moito máis ordenada e áxil á bodega. Grazas ao uso de ferramentas como a teledetección, con imaxes captadas durante o envero, o equipo de campo, puido realizar a clasificación do 65% da uva dos viñedos en función do vigor e traballar en maior medida co que se coñece como viticultura de precisión. Un método máis innovador e que permite organizar a vendima de forma máis eficiente.
E como será a anada 2016? Pois aínda que as abundantes precipitacións caídas durante a primavera, acompañadas polas baixas temperaturas rexistradas en Rías Baixas vaticinaban que a vendima sufriría un atraso importante, finalmente, e grazas ao cambio experimentado nos meses de verán, secos e moi cálidos, investiuse esta tendencia, achegándose a períodos similares aos de vendimas pasadas. Iso si, as altas temperaturas das últimas semanas farán que a anada 2016 sexa menos aceda respecto da anterior, pero mantendo a tipicidad do albariño, con eses aromas cítricos e salinos tan característicos.