Semanas despois de finalizar a vendima, poñémonos mans á obra de novo. En Bodegas Martín Códax reservamos cada ano varios viñedos cuxa uva servirá para elaborar o noso Martín Códax Gallaecia, do que só existen cinco anadas debido ás características necesarias que debe ter a uva e que non se obteñen todos os anos. Aínda a risco de perder a produción, esperamos a que sexa atacada pola botritis cinerea ou nobre, un tipo de fungo que confire á uva toques de dulzor e de mel. Estamos tolos? Talvez, pero o resultado paga a pena. Será este ano o propicio para elaborar unha nova anada de Martín Códax Gallaecia? O tempo dirao…
Vendima tardía
21 de Outubro de 2011
Recollemos a uva que empregaremos para elaborar o noso Martín Códax Gallaecia.
Recollemos a uva que empregaremos para elaborar o noso Martín Códax Gallaecia.
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario