VII Premios Martín Códax da Música
28 de Febreiro de 2020
Dúas familias: unha cooperativa de viticultores y unha asociación de músicas e músicos súmanse para facer país, a través da música que é parte da nosa cultura e identidade.
Dúas familias: unha cooperativa de viticultores y unha asociación de músicas e músicos súmanse para facer país, a través da música que é parte da nosa cultura e identidade.
Os Premios Martín Códax da Música galega chaman o sector a participar na súa sétima edición!
Baixo os focos da Sala Sónar, en Santiago, compartimos a presentación duns galardóns que non fan máis que poñer en valor a calidade das músicas e músicos galegos e dos proxectos musicais do noso país.
Nosa directora de márketing, María Garrido, destacou que “dúas familias, a nosa coperativa e unha asociación de músicas e músicos, xúntanse para poñer en valor a calidade da música galega e das e dos profesionais que fan país con ela! Sumar e poñer en valor a cultura galega é e será sempre un dos idearios do espírito da nosa adega e do noso facer diario”.
A edición deste ano ten varias novidades nas categorías. A música folque e a tradicional teñen entidade propia e diferenciada, desdobrándose as categorías, tamén hai un apartado para as bandas de música populares, un novo sistema votacións no que un xurado profesional composto por cinco persoas entre as que se atopan músicas e músicos, industria, formación musical e algún representante dos medios será o encargado de facer unha primeira selección, para que logo os socios e socias escollan os premiados.
Ademais, deuse a coñecer que Gustavo Dieste será o director artístico da gala final a celebrar o 6 maio en Pontevedra e que a gala de finalistas terá lugar o 15 de abril en Bodegas Martín Códax.
Para inscribirte nos Premios Martín Códax da Música preme aquí!