En Bodegas Martín Códax seguimos apostando pola investigación, a innovación e a calidade. Así, seremos a única bodega española que traballe, xunto con outros socios de España, Francia e Portugal, no proxecto Vinovert, liderado pola Universidade de Burdeos, para estudar a reducción do uso de fitosanitarios na viticultura, respondendo así ás novas esixencias do mercado en materia de medio ambiente.
A demanda de produtos respetuosos co medio ambiente aumentou con forza nos últimos anos, demandas ante as que o sector vitivinícola non é inmune. Por iso, en Vinovert exploraráse a viabilidade técnica e económica da reducción do uso de plaguicidas de maneira localizada e adaptada aos diferentes climas e empresas.
O enfoque do proxeto analizará de maneira transversal a capacidade real para cambiar as prácticas actuais de protección do viñedo en materia de viticultura. Deste xeito estudiarase tamén a receptibilidade do consumidor europeo de cara á compra destes viños con certificado medioambiental, que verán incrementado os seus costes.
En concreto, dende Bodegas Martín Códax estudaremos a viabilidade de produción de viñedos biolóxicos en Rías Baixas. En función das diferentes análises de indicadores e residuos, iremos adaptando os métodos de traballo no viñedo de cara a conseguir o menor impacto medioambiental e a maior calidade do produto.
O consorcio asocia diferentes disciplinas de investigación, coma a agronomía, a viticultura, a enoloxía ou a experimentación, cun total de 16 socios, entre os que se atopan recoñecidos institutos de investigación e universidades, así coma empresas de produción e comercialización, que traballarán para conseguir un abastecemento máis responsable da industria do viño.
O proxecto está financiado polo programa europeo de cooperación territorial Interreg SUDOE cun presuposto de 1,2 millóns de euros para os próximos tres anos.