O sábado pasado -14 de abril-, en Bodegas Martín Códax tivemos o pracer de recibir unha visita moi especial. O cubano Paquito D’Rivera, gañador de múltiples Grammys e Medalla Nacional das Artes dos EE.UU.; o indio Sandeep Das, que gravou con máis de 30 selos discográficos, e as galegas Guadi Galego ( voz de Berrogueto durante unha década) e Cristina Pato (pianista e gaiteira de recoñecido prestixio), entre outros, aceptaron o noso convite e trasladáronse dende Santiago para visitar a adega. Un paseo polas nosas instalacións, nunha xornada de ocio e formación que lles permitiu coñecernos e internarse na cultura galega a través dos viños de Martín Códax.
Os días previos, estes grandes referentes da música, participara no Galician Conection Ao Vivo. Dirixido e organizado por Cristina Pato, estas xornadas internacionais sobre músicas do mundo estiveran presentes na Cidade da Cultura durante 3 días nos que se cumpriu o obxectivo de dar a coñecer as diferentes realidades musicais que presentaron cada un dos artistas.
Visita en clave musical.
19 de Abril de 2012
Grandes referentes musicais na adega.
Grandes referentes musicais na adega.
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario