Unha vez máis, Bodegas Martín Códax e a cultura van da man. Nesta ocasión, Martín Códax, foi o viño oficial de Womex 2014, a feira profesional internacional de World Music máis importante que existe na actualidade e que se realizaba por primeira vez en Santiago.
A feira inaugurábase o día 22 de outubro e permaneceu na capital galega ata o domingo 26. Contou con diferentes actividades, como unha feira comercial, un showcase festival, programas de conferencias e cine e concertos de apertura e clausura nos cales se entregaron os premios anuais que levan o nome desta cita. En todas estas actividades, as persoas asistentes, preto de 2600, puideron gozar do noso albariño tan ligado á cultura galega.
Entre os máis de 300 músicos invitados a Womex 2014, algúns deles como Uxía, Zambujo, Mercedes Peón ou Budiño, foron xa protagonistas do ciclo de concertos que a adega celebra nos meses de verán, “Os Xoves de Códax” e acudiron a esta feira como representantes da música galega e portuguesa ao máis alto nivel.
En definitiva, unha grande oportunidade para a música galega e para a proxección internacional da nosa cultura que situou a Santiago de Compostela no epicentro mundial da música.
Feria Womex 2014
24 de Outubro de 2014
Martín Códax, viño oficial
Martín Códax, viño oficial
Etiquetas: albariño, Cultura, feria, galicia, martin codax, música, rias baixas, Santiago de Compostela, vino, Womex 2014
Deixa unha resposta
Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario