Queda oficialmente inaugurada a terceira edición dos Showcookings de Códax!
Y que arranque. Xoán Crujeiras, o xefe de cociña do Restaurante A Estación de Cambre, foi o protagonista da primeira xornada, coincidindo co Día Europeo do enoturismo e deixou o listón moi alto, grazas as súas cinco propostas e en especial á sobremesa que fixo en primicia para Martín Códax Gallaecia, logrando nel todos os sabores presentes no noso viño.
Este foi o seu menú:
Vieira aderezada, holandesa de cítricos, ovas e margarida-lima, harmonizando con Martín Códax.
Atún vermello, sementes, espárragos silvestres e apio-nabo, acompañando a Martín Códax Lías.
Pescada ao vapor, guiso de verduras, sepia e tinta, con Organistrum.
Canelón de faisán, setas, pesto de San Simón e xugo asado-trota para Martín Códax Vindel.
A Sobremesa e Martín Códax Gallaecia en combinación.
Mellor non volo contamos. Mellor védelo!