Por segundo ano consecutivo Os Xoves de Códax destinará o importe dos importes das entradas a diferentes asociacións benéficas da zona co obxectivo de contribuír ao benestar da comunidade do ámbito e como parte da nosa estratexia de responsabilidade social. Deste modo, elixíronse 8 entidades diferentes que recibirán, en senllos eventos previstos para xullo e agosto, os importes das entradas.
As asociacións elixidas son as seguintes:
- Fundación Amigos de Galicia, asociación invitada ao concerto de apertura de Rosa Cedrón e Emilio Rúa
- Esperanza Salnés, presente no concerto de Carmen París e Xabier Díaz o próximo 9 de xullo
- AECC, que nos acompañará no espectáculo de Banda Crebinsky o 16 de xullo.
- Fundación Andrea, invitada á actuación de Orquestra Os Modernos o 23 de xullo.
- Ingada, invitada ao concerto de O Sonoro Maxín que pechan o mes de xullo.
- Cáritas, compartirá protagonismo con Guadi Galego e Pachi García o 6 de agosto.
- Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, será invitada a gozar do flamenco de Radio Pesquera o 13 de agosto
- AFAGA, que nos acompañará no espectáculo de Eliseo Parra e Marcelo Dobode o 20 de agosto.
- Cociña Económica de Santiago que estará presente no concerto de clausura dos Xoves con Martirio e Uxía.
SOBRE AS ASOCIACIÓNS QUE RECIBIRÁN OS BENEFICIOS DAS ENTRADAS:
Fundación Amigos de Galicia:
A fundación desenvolve plans de cobertura de necesidades básicas de persoas en situación de carencia ou limitación de recursos económicos e traballa así mesmo pola igualdade na infancia.
Esperanza Salnés:
Asociación de atención a discapacitados físicos e intelectuais con servizos multidisciplinares de logopedia, pedagoxía terapéutica, fisioterapia e psicoloxía.
Asociación Española contra o cáncer:
Presta servizos de atención integral a persoas enfermas de cancro e as súas familias dende unha perspectiva psicosocial, desenvolve proxectos de sensibilización social sobre a enfermidade e a súa prevención e actividades de prevención e educación para a saúde, entre outras.
Fundación Andrea:
Fundación de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais cuxa finalidade é a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza ás familias que, contando con escasos recursos económicos, teñan de coidade aos seus fillos con este tipo de doenzas.
Ingada:
Organización que presta servizos de asistencia integral ás persoas afectadas con TDAH e trastornos asociados.
Solidaridade Galega co Pobo Saharaui.
Asociación que dá resposta ás necesidades de planificación e avance na xestión e execución da axuda humanitaria dirixida aos refuxiados saharauís que se dá en Galicia en coordinación coa Delegación Saharauí para Galicia.
AFAGA
Esta entidade ofrece unha seria de servizos dirixidos a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e os seus familiares, a través de talleres, apoio psicolóxico, asesoramento legal e social, coidados no domicilio e información sobre diversos aspectos relacionados con enfermidades neurodexenerativas.
Cociña Económica de Santiago.
É unha institución benéfica de carácter privado, que se creou no ano 1891 co obxecto de favorecer ou axudar á clase proletaria e indixente, proporcionándolle alimentación nutritiva, sa e barata, estendéndose a todos os que o demanden a mínimos prezos e dando educación e instrución a unha infinidade de persoas que alí concorre e carecen dela.
Para adquirir entradas pinche aquí.
¡Enhorabuena!. Me parece buenísima la iniciativa de la donación. Un ejemplo.