O Salón de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados, foi o escenario este mércores 14 de setembro da festa de finalistas dos 9º Premios Martín Códax da Música. A partir das seis e media da tarde foron coñecéndose os nomes das corenta e cinco bandas e artistas, tres por categoría, que pasan á recta final desta edición 2022. Ademais, tamén foron desvelados os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: Salas, Festivais e Comunicación e Difusión Musical. Todos os finalistas recolleron un agasallo das Bodegas Martín Códax en recoñecemento da súa inclusión na fase final de votación. Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.
Xa hai finalistas da 9ª edición dos Premios Martín Códax da Música!
16 de Setembro de 2022
Festa na tarde do mércores 14 en Cambados para anunciar as máis de 50 propostas que entran na votación final En 2022 a gala dos premios celébrase o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Festa na tarde do mércores 14 en Cambados para anunciar as máis de 50 propostas que entran na votación final En 2022 a gala dos premios celébrase o 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra
A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra. Asistiron ao acto a responsable de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces. Allegue López reseñou na súa intervención o apoio á cultura “como parte da identidade das bodegas, especialmente no caso da música e destes premios polo seu carácter colaborativo”, e manifestou o orgullo de ir da man do conxunto de músicas e músicos de Galicia nos Premios Martín Códax. “Levamos anos promocionando a cultura e gústanos, non en van levamos o nome dun trovador nas Bodegas”, sinalou.
O pasado 3 de setembro finalizaba a reunión e votacións do xurado dos Premios Martín Códax da Música 2022, de onde saíu a selección de proxectos finalistas que hoxe se presentaron. Ademais o xurado encargouse de seleccionar o premio Artista Emerxente, unha das novidades en canto a categorías extraordinarias que se darán a coñecer na propia gala deste ano. Como explicou a presidenta da entidade, Xiana Lastra, durante a festa de finalistas, preto de catrocentros proxectos presentáronse a esta novena edición dos premios. Lastra tivo un efusivo agradecemento para as Bodegas Martín Códax, os patrocinadores institucionais e o xurado.
OS PROXECTOS FINALISTAS 9º PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA, 2022
Pop e Indie: De Vacas, Anxo Araujo, Néboa
Rock: Familia Caamagno, Moura, Bala
Canción de Autor/a: Antía Muíño, Xóan Curiel, Sofía Espiñeira
Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo, O Rabelo, Ilmarto
Blues, Funk e Soul: Nastasia Zürcher, Udra, O Cadelo Lunático
Electrónica: Grande Amore, Garza, Hilario Rodeiro
Metal: Arrhythmia, Grima, Teima
Música Clásica e Contemporánea: Samudra Trío, Katerina Linke, Fernando Abreu
Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación, Valentín Caamaño
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Nebra, Sheila Patricia
Música Tradicional: Airiños da Freba, Cántigas e Frores, Os da Porfía
Folk: Cuarteto Caramuxo, Oîma , Os d’Abaixo
Música Infantil: Mamá Cabra, Pitusa Semifusa, Martiña Soñadora
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: La Oca Band, Bicoia, América de Vigo
Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música Cultural de Salceda, A Banda de Lombás
Finalistas Organistrum:
Salas: A Arca da Noe, Sala Karma, Sala Rebullón
Festivais: Festival de Ortigueira, Canteira Fest, Canjazz
Espazos de Comunicación: Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo, Descúbreas
Deixa unha resposta
codax
40 comentariosManuel Ferreiro
2 comentariosMultihomespain
2 comentariosSole
2 comentariosAlejandro Martínez
1 comentarioalicia bará
1 comentario