Repetía nos Showcookings de Códax pero non podía ser doutro xeito.
Yayo Daporta é a imaxe do noso albariño Martín Códax durante este ano e, ademais, nos une unha gran amistade que xa vén de lonxe. Tanto é así que Yayo ten afirmado en máis dunha ocasión que “se sinte parte da nosa bodega”.
Por isto e pola súa gran calidade como xefe de cociña, avalada por unha Estrela Michelín, volvía a pechar esta edición dos Showcookings de Códax.
A súa “perfecta harmonía”, baseada no produto da zona e a súa atlanticidade, foi esta:
Ostra cebiche para abrir a comida con Martín Códax 2014.
Mexilón con tallarins de mar acompañando a Martín Códax Lías 2012.
Tartar de navallas con tosta de algas maridado con Organistrum 2012.
Xarda marinada e afumada con pan de millo con Martín Códax Vindel.
Vieira asada con emulsión de chile para terminar con Martín Códax Gallaecia 2011.
Non puideches acompañarnos? Fai click no vídeo.