Sen dúbida, a de Yolanda León, foi a proposta máis arriscada que se lembra nos Showcookings de Códax. Na segunda xornada deste ciclo de cociña en vivo, a cociñeira do restaurante leonés Cocinandos acercou os sabores tradicionais leoneses a Cambados e apostou pola versatilidade da uva albariña e a súa capacidade de maridar non só cos clásicos pescados e mariscos, se non tamén con embutidos, fungos e caza.
Este foi o menú que ofreceu Yolanda:
- Bolo chino ao vapor de cecina de León para abrir a comida co noso albariño Martín Códax.
- Bacallao marinado con pimentón, coliflor en espuma e conservada en vinagre, a súa pel tostada e brandada lixeiramente picante, acompañando a Martín Códax Lías.
- Sopa de castañas, foie e follas de outono, como proposta para Organistrum.
- Xabarín estofado, cogumelos en chutney, mazá e vainilla, ademais de tomate de queso, todo armonizado con Martín Códax Vindel.
- Milfollas de mantequilla, pera, cardamomo e mascarpone con trufa tuber melanosporum. Un postre de alto nivel para maridar cun viño tamén de alto nivel: Martín Códax Gallaecia.
Non estiveches connosco? Contámoscho!