¿Que inclúe o prezo do transporte?
As tarifas que se detallan nesta páxina inclúen, ademais do transporte dos produtos solicitados, a súa embalaxe en caixas especialmente deseñadas para transportar botellas, o seguro contra perda ou rotura, así como o IVE nos territorios onde se aplica o devandito imposto.
¿Ofrecen transporte gratuíto a partir dun determinado número de botellas ou importe?
A partir de 150 euros de compra e sempre que o pedido se realice directamente na nosa web (é dicir, non por teléfono nin mediante correo electrónico) ofrecemos gastos de envío gratis, se o destino é en territorio de España peninsular. Para os demais destinos ofrecemos un desconto equivalente.
¿Canto tardará en chegar o meu pedido?
Na península ibérica, os pedidos normalmente tardan entre 2 e 3 días hábiles en ser entregado. Os envíos a Baleares adoitan tardar entre 3 e 4 días, mentres que os envíos á Canarias se entregarán entre 8 e 12 días laborables despois da realización do pedido.
O tempo empeza a contar dende as 9 da mañá do seguinte día laborable á confirmación do pedido
¿Que pasa se rompe algunha botella polo camiño?
No caso de que se rompa algunha botella durante o seu transporte, Bodegas Martín Códax fará as xestións pertinentes para recuperar todos os produtos do seu pedido, e fará unha reexpedición completa de todos os produtos do seu pedido.
Se cando recibe o pedido detecta algunha caixa húmida ou sospeita que se puidese producir unha rotura, non acepte o pedido, e póñase en contacto connosco para que xestionemos a incidencia.
¿E se non estou na casa cando chegue o transportista?
Nese caso, o transportista deixará unha nota cun teléfono ao que poderá chamar para acordar un novo día e hora de entrega.
¿Teño que pagar algo á empresa de transporte?
O transporte está incluído no prezo total do pedido.
Garantía de devolución
Se o viño non está en condicións pode devolvérnolo e substituirémolo por unha nova botella ou produto no prazo de 15 días.
Os bonos regalo de enoturismo tamén poden ser devoltos no prazo de 3 meses.