A noite do 9 de maio celebramos no Pazo da Cultura de Pontevedra a gran festa da música en Galicia. A noite na que se dan a coñecer aos mellores proxectos musicais do ano á vez que se poñe de relieve o potencial deste sector e a diversidade de estilos existentes.
Dos máis de 400 proxectos presentados aos Premios Martín Códax da Música, tan só 54 pasaron á ronda final. Un xurado, composto por membros tanto de Músicos Ao Vivo, organizadores dos premios, coma por outros profesionais deste sector, foi o encargado de escoller aos gañadores desta quinta edición.
E os proxectos destacados foron os seguintes:
- Pop e indie: Eladio y Los Seres Queridos
- Rock: Igmig
- Jazz e músicas improvisadas: Yago Vázquez Trío
- Hip hop e músicas urbanas: Som do Galpón
- Música tradicional e folk: Xosé Lois Romero & Aliboria
- Músicas do mundo: Brais Morán
- Música infantil: A gramola gominola
- Electrónica: Mounqup
- Metal: Arrhythmia
- Reggae, ska e mestizaxe: Chotokoeu
- Orquestras, grupos e música de verbena: Grupo Limón
- Blues, funk e soul: The Lákazans
- Canción de autor: Uxía
- Coros e música vocal: Encaixe
Premios Organistrum:
- Mellor festival: Resurrection Fest
- Mellor sala: Sala Garufa Club
- Mellor espazo de comunicación musical: Ábrete de orellas.
Ademais, nesta gala rindiuse homenaxe por primeira vez a dous músicos. Os sendos premios honoríficos foron a parar a Pepe Bordallo e Quique Alvarado, pola súa traxectoria musical como baxistas.
Hoxe, o proceso comeza de novo. Músicos e músicas de Galicia parten de cero, novos proxectos e novas iniciativas para, de aquí en un ano, volver a participar na que será a sexta edición destes premios. Estamos desexando que chegue o momento!
Por ahora, seguiremos a gozar de todo o talento galego.
¡Excelentes proyectos! Gracias por compartir el listado.
Un saludo.