Cubertas vexetais

16 de Abril de 2014

Vantaxes no viñedo

Vantaxes no viñedo


Como xa vimos noutras ocasións, existen múltiples factores que inflúen no desenvolvemento do viñedo como poden ser a localización, a orientación ou o vigor así como os diferentes tipos de labras. O chan no que se asenta o viñedo tamén vai ser un factor clave e do seu estado dependerá en boa medida o comportamento deste.

A tradición, o clima e a investigación marcaron dende sempre as pautas sobre o tipo de labra a realizar. Así, historicamente, na viticultura mediterránea non se permitía o crecemento da vexetación espontánea no chan para que non competise cun recurso escaso nestas zonas como é a auga. En cambio nas zonas máis chuviosas era tradición aplicar unha xestión mixta, con predominancia de labra pero permitindo que crecese a herba baixo a viña nas épocas de chuvia.

A aparición dos herbicidas marcou unha nova época e o seu uso xeneralizouse para manter o chan sen competencia sobre todo debaixo da liña das plantas e naqueles viñedos onde a mecanización era practicamente imposible. A pesar desta xeneralización, cabe destacar que na denominación de orixe Rías Baixas foi unha práctica moi pouco empregada, usada tan só nun 5% dos viñedos.

O cambio de tendencia na xestión do chan chegou nos últimos anos grazas aos diversos estudos e investigacións realizados neste campo. A preocupación por un maior respecto ao medio e a busca da sostibilidade desembocaron en novas estratexias que pasan polo uso de coberturas vexetais nos viñedos. En función da dispoñibilidade de auga, da rexión, do tipo de chan e dos obxectivos cualitativos perseguidos, estas poden ser totais ou parciais e permanentes e temporais.

En Bodegas Martín Códax apostamos polo uso no viñedo de cubertas vexetais xa que, entre as súas múltiples vantaxes, axudan a controlar o vigor das cepas e melloran a estrutura do chan favorecendo o desenvolvemento das raíces e evitando a compactación producida polo uso de maquinaria. Ademais, estas cubertas permiten a accesibilidade ao viñedo en épocas de chuvias, axudan a manter o nivel de materia orgánica dos chans e favorece a biodiversidade xa que son refuxios de microfauna útil nos ecosistemas agrarios.

    1. Como todo en viticultura as distintas estratexias hai que aplicalas tendo en conta as consecuencias globais sobre o viñedo. En calquera caso o efecto das cubertas sobre o control do vigor axudan a reducir a incidencia de praga. #esenciamartincodax Asinado Miguel Tubío, Director de Viticultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario