Se ainda non tes a axenda completa esta Semana Santa, ven a vernos!
Nestas vacacións, ven á nosa adega e goza do mellor enoturismo en Rías Baixas.
- Sábado 24 e venres 30 de marzo: Cata Maridaxe Viño&Empanada Galega:
Para comezar a Semana Santa, un tributo a un dos produtos galegos por excelencia: a empanada!
Berberechos, xoubas e vieiras, os recheos perfectos para unhas empanadas que combinarán estupendamente cos nosos viños.
- Xoves 29 e sábado 31 de marzo: Cata Maridaxe Viño&Queixo
Os mellores queixos galegos serán os protagonistas desta maridaxe. Participa nunha cata dos nosos viños con tres dos queixos galegos máis recoñecidos: Tetilla, Cebreiro e San Simón.
Se es un amante deste lácteo, é unha maridaxe que non che podes perder!
Todas as catas terán lugar ás 12.00 horas e teñen un custo de 15€ por persoa.
Se te animas a acompañarnos, chámanos xa ao 986 52 60 40 ou escríbenos a enoturismo@martincodax.com.
O aforamento está limitado a 30 persoas, así que non cho penses máis!
Esperámosche!
Fue un placer escuchar las explicaciones de Paula en la cata maridaje con quesos. Perfecta organización