Agardámoste en Semana Santa!

14 de Marzo de 2018

Descobre as nosas propostas

Descobre as nosas propostas

maridaje empanadas1

Se ainda non tes a axenda completa esta Semana Santa, ven a vernos!

Nestas vacacións, ven á nosa adega e goza do mellor enoturismo en Rías Baixas.

Vive unha experiencia diferente cada día!
Esta Semana Santa, ademais das nosas ofertas habituais, queremos que goces da mellor gastronomía da zona con as catas maridaxe que preparamos para ti.
Elixe a túa e reserva xa a túa praza!
  • Sábado 24 e venres 30 de marzo: Cata Maridaxe Viño&Empanada Galega:

Para comezar a Semana Santa, un tributo a un dos produtos galegos por excelencia: a empanada!

Berberechos, xoubas e vieiras, os recheos perfectos para unhas empanadas que combinarán estupendamente cos nosos viños.

  • Xoves 29 e sábado 31 de marzo: Cata Maridaxe Viño&Queixo

Os mellores queixos galegos serán os protagonistas desta maridaxe. Participa nunha cata dos nosos viños con tres dos queixos galegos máis recoñecidos: Tetilla, Cebreiro e San Simón.

Se es un amante deste lácteo, é unha maridaxe que non che podes perder!

Todas as catas terán lugar ás 12.00 horas e teñen un custo de 15€ por persoa.

Se te animas a acompañarnos, chámanos xa ao 986 52 60 40 ou escríbenos a enoturismo@martincodax.com.

O aforamento está limitado a 30 persoas, así que non cho penses máis!

Esperámosche!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Comentaristas principais en Bodegas Martín Códax
  • codax
    40 comentarios
  • Manuel Ferreiro
    2 comentarios
  • Multihomespain
    2 comentarios
  • Sole
    2 comentarios
  • Alejandro Martínez
    1 comentario
  • alicia bará
    1 comentario