Bodegas Martín Códax superou unha vez máis con grande éxito as auditorías internacionais de seguridade alimentaria BRC e IFS ás que se someteu recentemente. A bodega conseguiu un grao A na BRC, que é a mellor puntuación posible, e 98.18 puntos sobre 100 na IFS.
O British Retail Consortium (BRC) é un sistema de seguridade alimentaria desenvolvido pola Asociación do Comercio para detallistas do Reino Unido que vela polo cumprimento dos requisitos legais e a protección ao consumidor. Trátase dunha norma unificada de calidade que valora a seguridade alimentaria e de instalacións, a xestión de calidade, o control de produtos e procesos así como a implicación por parte do equipo directivo e do persoal.
O International Food Standard (IFS) é outra norma de calidade desenvolvida polas cadeas de distribución alemás e francesas e aceptado tamén en Italia e Holanda. O obxectivo é auditar as marcas, procesos produtivos e sistemas de xestión de calidade para garantir a seguridade alimentaria e controlar o nivel de calidade dos fabricantes e produtores.
En ambas as dúas auditorías Martín Códax obtivo resultados moi satisfactorios cos beneficios que lle supón á compañía. A súa obtención permítelle á bodega o acceso a novos mercados, xa que certifica o cumprimento dos requisitos esixidos polos grandes distribuidores internacionais, e a consolidación en mercados nos que xa está presente como o alemán, inglés ou no Países Baixos.
Hola a todos.
Hoy probé vuestro albariño y me a impactado su sabor,textura,cuerpo,etc..
Me a dejado anonadado y con ganas de más.
Gracias por elaborar un vino con ese paladar tan amplio de sabor y textura.
Seguid así por favor.
¡Gracias!