Chega o mes de setembro e, ano tras ano, a tan ansiada vendima. E si, xa está aquí!
A estampa repítese: os nosos viticultores recollendo o froito das súas viñas que con tanto esmero coidaron ao longo de todos estes meses; a uva entrando na bodega pasando primeiro pola mesa de selección, entrando a prensas e finalmente, os depósitos enchéndose do mosto que se converterá en Martín Códax, ou en Marieta, ou en Martín Códax Lías ou… Todos os anos o mesmo, pero cuán diferente. E sempre, cun resultado único.
E en 2015, Como será esta vendima?
En Bodegas Martín Códax acabamos de comezala. Aínda que xa a semana pasada recolleuse a uva destinada aos nosos espumosos que requiren dun punto de madurez inferior ao dos viños tranquilos, non foi ata hoxe, xoves 10 de setembro, cando empezou de forma xeneralizada.
Os nosos técnicos de campo estiman que se recolla un 30% de uva máis que o ano pasado, chegando a cifras similares á vendima do 2013 e, previsiblemente, prolongarase durante as próximas tres semanas. Como cada ano, será unha vendima graduada no que se colleitará a uva dependendo dos índices de maduración que presenten as parcelas, comezando polos viñedos máis próximos ao mar ou con orientacións ao sur. Para terminar se vendimarán as parcelas situadas a maior altitude ou as que se atopen máis no interior do val do Salnés.
Co obxectivo dunha mellora constante, xa o 50% das nosas parcelas estase vendimando tendo en conta o vigor de cada viñedo, pescudado grazas ao uso da teledetección con voos tripulados. Isto permítenos converter o que a priori pode parecer unha debilidade nunha fortaleza: manexar a variabilidade dos viñedos, agrupando as parcelas por zonas e vigores homoxéneos e que darán uvas de perfís similares. Lógrase así unha primeira selección de uva no propio viñedo que, doutro xeito, só con valores como o grao alcohólico, non sería posible realizar.
En canto á calidade da uva, Miguel Tubío, Director de Viticultura da bodega, cualifícaa como “extraordinaria”. A maduración foi moi boa grazas á primavera tan cálida que tivemos e a un agosto que veu fresco e que ha permito manter a acidez típica do albariño. “Aínda que a primeira parte do verán foi seco e con altas temperaturas que poderían causar estrés hídrico á viña, o mes de agosto contrarrestou a situación provocando unha maduración lenta pero óptima. Ademais, as condicións climáticas de setembro permitiron terminala de forma moi equilibrada”, aclara Tubío.
Así, nesta situación, prevese que a nova anada sexa moi equilibrada e con gradacións moderadas. Grazas ao clima deste verán, a 2015 terá unha acidez controlada pero con gran intensidade aromática e excelente calidade.
Muchisimas gracias por el tan interesante e informativo tour que recibimos durante nuestra visita en Septiembre 2015. Conchi fue spectacular y aprendimos mucho con ella tanto como disfrutamos de un tiempo muy agradable y un vino excelente. Tambien Paula en la recepcion nos trato muy bien y fue en gran gusto tratar con ella y comprar algunos productos. Siempre hemos sido grandes aficionados del vino Albarinho Martin Codax y esta visita nos esenho por que es tan bueno y nos gusta tanto. Esperamos volver algun dia y visitarlos. Por supuesto que lo recomendaremos a todos los que vayan por ahi. Si en algo les podemos ayudar aca en Miami, por favor dejennos saber.
Un fuerte saludo a todos,
Andy Mayobre
¡Gracias a vosotros por dedicarnos parte de vuestro tiempo!
Buenos días! .Me gustaría dar un enorme aprobado por interesante información que tenemos aquí en este sitio . Voy a volver muy pronto a disfrutar con esta web.